Tuesday 07 de May de 2024

María Isabel Ramos e Juan Galán presentan este venres en Neda as súas últimas obras literarias


O acto conxunto terá lugar na Casa das Palmeiras ás 20:00 horas

A Casa das Palmeiras acollerá este venres 21 de outubro o acto de presentación conxunto das últimas obras literarias dos escritores María Isabel Ramos Breijo e de Juan Galán. A autora dará a coñecer algunhas claves da súa obra de relatos “Hasta el infinito y más allá”, editado por Círculo Rojo, e o escritor abordará a súa novela “El eco de tu voz”, editado por Medulia.

Será a partir das 20:00 horas, nun acto con entrada libre